Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Futbolbase escriba una noticia?

At. Arousana B-0 BarbadÁs-1: Preferente Femenino

16/01/2012 21:40 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

image AT. AROUSANA "B": Rocio, Jessica, Lara, Carla, Graciela, Paula, Celia (m.76 Isabel), Ester, Bárbara, Ana e Albita. U.D. BARBADÁS: House, María (m.85 Miriam), Pacy, Abi, Noélia, Cris, Helena, Mónica, Vero, Alba (m. 67 Emma) e Andrea. ÁRBITRO: Pablo Veiga CAMPO: Municipal de Berdón De novo unha vitoria pola mínima a conseguida pola U.D . Barbadás ante un moi bo filial do At . Arousana que conta con xogadoras moi noviñas pero con moita calidade. O guión deste partido seguiu o da maioría dos partidos desta tempada onde o Barbadás comezou dominando e chegando constantemente á portaría defendida por Rocio sen que as xogadoras locais lograsen inquietar a House . Froito deste dominio, nos primeiros 20 minutos do partido, as visitantes chegaron a sacar 8 "corners" e varias ocasións claras de gol. A primeira clara ocasión chegou aos 5 minutos cando Mónica recibe ás costas da defensa e o seu remate sae lixeiramente desviado. Pouco despois é Paci a que totalmente soa a un metro da portaría remata de cabeza alto. Helena tamén tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza que non encontrou portaría. Co paso dos minutos e a falta de acerto cara o gol do Barbadás , o At . Arousana foise sacudindo do dominio visitante e House tivo que sacar unha boa man a tiro de Bárbara . O único gol do partido foi no minuto 39 nunha falta a 6 metros fóra da área que Cris toca para Helena e esta de tiro colocado fai inútil a estirada de Rocio . Puido empatar o Arousana a pouco de finalizar a primeira parte nunha contra no que Albita, unha xogadora de só 14 anos pero cunha técnica e velocidade impresionante, plántase soa ante House e o seu tiro sae lixeiramente rozando o poste.

Más sobre

Como lle acontece ao Barbadás nos partidos que non consegue deixar sentenciados no primeiro tempo, o At . Arousana dominou na segunda parte e aínda que non conseguían claras ocasións de gol, se que encerraron o Barbadás no seu campo. As azuis xogaban con moita precipitación e non eran capaces de dar ben ese último pase que era necesario para superar a defensa adiantada das locais. A ocasión máis clara das locais produciuse no minuto 76 nun tiro afastado en "parabóla" que fixo que House non lograse chegar e o balón pegou no longueiro. A falta de 2 minutos para o final, a visitante Emma tivo unha inmellorable ocasión para sentenciar o partido nunha contra na que se foi sola dende medio campo ata Rocio e cando o máis doado era tirar colocado, golpeou con forza o balón e pegou no longueiro.


Sobre esta noticia

Autor:
Futbolbase (2492 noticias)
Fuente:
barbadasbase.blogspot.com
Visitas:
824
Tipo:
Reportaje
Licencia:
Creative Commons License
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Lugares
Empresas

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.