Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Asturgalicia escriba una noticia?

Dos centenares de personas celebran el 25 aniversario del centro sociocomunitario de Bouzas

12/02/2011 00:00 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

Click to view slideshow. Más de 200 usuarios del centro sociocomunitario de Bouzas se reúnen para celebrar que cumple su primer cuarto de siglo O centro sociocomunitario de Bouzas reúne a máis de 200 usuarios e usuarias para celebrar o seu XXV aniversario

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe nos actos conmemorativos que se levaron a cabo no hotel Coia.

Vigo, 11 de febreiro de 2011.- O centro sociocomunitario de Bouzas, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, celebrou hoxe o seu XXV aniversario cun xantar conmemorativo no que participaron máis de 200 usuarios e usuarias do centro social.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe neste acto conmemorativo que pretendía ser unha actividade aberta a todos os usuarios e usuarias durante a xornada de hoxe.

O acto, que tivo unha moi boa acollida, comezou ao mediodía cun xantar no hotel Coia para despois seguir con música e baile durante toda a tarde. Asistiron os usuarios e usuarias do centro de Bouzas que día a día realizan as distintas actividades que se ofertan así coma o presidente do Consello de Usuarios, a directora do centro, antigos directores e representantes da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo.

Os usuarios e usuarias do centro sociocomunitario de Bouzas teñen unha ampla oferta anual de actividades que pasa por obradoiros culturais, de alfabetización, axilidade mental, corte e confección, bolillos ou informática, entre outros, así coma cursos de canto, pilates, ioga, ximnasia de mantemento, taichi e, incluso, máis novidosos coma un obradoiro de cine no que os propios alumnos e alumnas levaron a cabo toda a realización e produción de catro cortos cinematográficos que estrearán proximamente.


Sobre esta noticia

Autor:
Asturgalicia (453 noticias)
Fuente:
asturgalicia.wordpress.com
Visitas:
829
Licencia:
Distribución gratuita
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.