¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Futbolbase escriba una noticia?
Recordamos el polémico comunicado, curiosamente ya desaparecido en la Web de la F.G.F. De bastante duro y a la espera de lo que nos cuente García Liñares de forma oficial, se puede tachar el comunicado que en su Web hace la Secretaría Xeral para o Deporte Galego. Aquí hablamos de que a buen seguro hablarían de malos entendidos, por lo que aun esforzándonos en entender, no se entiende como es posible que estando un seguro en vigor " ao enlazar a que vencía coa nova vixente dende este pasado venres", desde la F.G.F. nos dicen que contrataron uno por su cuenta, para cubrir los riesgos de este fin de semana pasado.
Seguiremos atentos, todo indica que alguno se columpió y al parecer no fue ningún niño. Vamos al comunicado referido:
A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE SOLICITA AO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL O INMEDIATO LEVANTAMENTO DA PARALIZACIÓN DA ACTIVIDADE ANUNCIADA NO DÍA DE ONTE Na mañá de hoxe (lunes) e logo da reunión mantida entre o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o Presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, o Secretario Xeral solicitoulle ao Presidente da federación o inmediato levantamento da paralización da actividade anunciada no día de onte, manifestado este o seu compromiso en proceder ao mesmo.
Segundo se informa a esta Secretaría Xeral por parte da compañía aseguradora , a cobertura do seguro para o fútbol de 6 a 16 anos é efectiva para toda a tempada 2013/2014 dende as 00 horas do pasado día 15, polo que se debe insistir en que, en todo momento, a cobertura estivo en vigor, ao enlazar a que vencía coa nova vixente dende este pasado venres, e polo tanto non ten existido razón algunha para a actuación da Federación acordando a paralización da actividade .
A cobertura do fútbol de XOGADE
"A Federación Galega de Fútbol é coñecedora dende fai uns meses de que o seguro deportivo da súa modalidade en XOGADE sería cuberto por un seguro que a propia Federación debería de concertar directamente -para o que a Secretaría Xeral para o Deporte lle destinará, vía convenio, 300.000 euros-, e non a través do xenérico contrato de seguro que a Secretaría Xeral para o Deporte subscribe directamente para o resto de modalidades deportivas".
Así o afirmou Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, quen recordou que este sistema xa se empregara na tempada 11/12. A Secretaría Xeral para o Deporte lamenta a alarma inxustificada que xerou a nota emitida onte pola Federación Galega de Fútbol e reitera o seu apoio ao deporte en idade escolar a través do programa XOGADE en todas as súas modalidades deportivas, incluída o fútbol.