Globedia.com

×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Jazzclube escriba una noticia?

Festival de Jazz Novas Músicas de Monforte de Lemos 09

22/07/2009 20:58 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

I Festival de jazz Novas Músicas, enche as calurosas noites de música en directo

FESTIVAL DE JAZZ NOVAS MÚSICAS

Dende o ano 2005 celebrase en Monforte de Lemos, nas instalación do Conservatorio Profesional de Música “ Mestre Ibáñez “ e por iniciativa do Concello de Monforte de Lemos, un encontro de músicos no Seminario de Música Moderna e Improvisación. Ao longo destes anos acompañáronnos alumn@s de toda a xeografia española, que cun elemento común, a súa preferencia pola música moderna e a improvisación, acercaronse a Monforte de Lemos, na terceira semán do mes de agosto, para completar uns e iniciarse outros na música do século XX e nos seus diferentes estilos.

Ao longo destes cinco anos pasaron polas aulas profesores tales como: Roberto Somoza (saxo ), Andy Phillips ( piano e teclado ), Charlie Moreno ( baixo eléctrico ), Noli Torres ( batería ), Joshua Edelman ( piano ), Carlos Castro ( batería e percusión ), Alberto Conde ( piano ), Fernando Llorca ( batería ), Celia Mur ( voz ), Carlos Calviño ( guitarras ) etc todos eles dende a súa experiencia prenderon nos alumn@s que nos acompañan, a mecha do rock, do funk, do blues etc músicas todas elas imprenscindibeis nos nosos días e que ainda non entraron nos conservatorios como músicas de pleno dereito.

Dende o ano 2006 o Seminario de Música Moderna e Improvisación vese enriquecido polo Festival de jazz Novas Músicas, que nas mesmas datas enche as calurosas noites de música en directo, interpretada por prestixiosos grupos, tales como: os internacionais Maria João & Mário Laginha, Jerry González Cuarteto, Carlo Actís & Baldo Martínez, Celia Mur & Kiko Aguado o lendario Pedro Iturralde etc. Todos eles colaboraron a facer de Monforte de Lemos un lugar de encontro musical que pouco a pouco vaise incorporando ao listaxe de Seminarios e Festivais que durante o verán celebránse no Estado.

A iniciativa JAZZ X BARRIOS, achega ano tras ano música de calidade aos distintos barrios de Monforte de Lemos

A iniciativa JAZZ X BARRIOS, achega ano tras ano música de calidade aos distintos barrios de Monforte de Lemos. Sesións musicais as 24:00h nas que participan alumnos e profesores do Seminario, xunto a músicos profesionais que interveñen no Festival, nun percorrido no que cada ano participan e se implican máis hosteleiros da cidade: Restaurante o Grelo, Restaurante Los Goya, Bodegón Ribeira Sacra, Bar do Lechu, Paseo do Malecón, Tapería A Troula, Centro do Viño Ribeira Sacra, Parador de Turismo...

Ao longo destes catro últimos anos, o incremento no número de alumnos matriculados foi espectacular, chegando na convocatoria de 2008 a 83 alumnos inscritos. Tamén o número de profesores foi in crescendo ata chegar aos 6 profesores e un coordinador. Estes datos permitenos afirmar que estamos ante o máis importante seminario de música moderna e jazz de Galicia e con proxeción nacional.

A actividade combinada de estudantes e profesionais da música moderna e o jazz, que cada ano acuden en maior número, permite disfrutar a toda a poboacón de unha cultura de calidade, a interación de xoves e estudiantes con compañeiros de distintas comunidades, músicos profesionais de España, Europa e EEUU con músicos galegos, e por suposto, hoteis, bares e restaurantes que deben atender a un número crecente de alumnos e visitantes.

Dende o ano 2006 o Seminario de Música Moderna e Improvisación vese enriquecido polo Festival de jazz Novas Músicas, que nas mesmas datas enche as calurosas noites de música en directo


Sobre esta noticia

Autor:
Jazzclube (6 noticias)
Visitas:
1891
Tipo:
Nota de prensa
Licencia:
Distribución gratuita
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Etiquetas
Personaje

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.