¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Futbolbase escriba una noticia?
Un total de 78 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2013/2014 da Fundación Deporte Galego, ao que se destinan un total de 1.742.400 euros . Os 78 patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que, a competición de máximo nivel, se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.Promocionar o deporte de alta competición en GaliciaO Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é un programa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por quinto ano consecutivo e conta cun dobre obxectivo: por unha banda, difundir a actividade e a imaxe fundacional e da Comunidade Autónoma; e, por outra, a promoción do deporte de alta competición en Galicia.A Fundación Deporte Galego considera que, a indubidable popularidade que acompaña a xogadores e técnicos destes equipos, convérteos en interesantes líderes de opinión sobre todo entre a poboación infantil e xuvenil á hora de emprender campañas institucionais de fomento do deporte e dos hábitos saudables, algo esencial para complementar o Plan Galicia Saudable, programa estratéxico no ámbito deportivo para os próximos anos. Un plan que está permitindo incorporar á base social galega a actividade física de xeito que a súa concorrencia sexa percibida como necesaria e ineludible. Na zona de Vigo, a Fundación destina un total de 505.254, 26 euros para 22 equipos de alta competición. Os beneficiarios son: INFORMACIÓN DE deporte.xunta.es ENTIDADE MODALIDADE IMPORTE Clube Bádminton As Neves Bádminton 11.708, 55 € Club Deportivo Bosco Baloncesto 33.533, 46 € Club Balonmán Cangas Balonmán 39.416, 86 € Sociedad Deportiva Octavio Vigo Balonmán 32.562, 60 € Solla y Cia Chapela Balonmán 28.329, 66 € Club Balonmán Porriño Balonmán 26.640, 36 € Club Balonmán Atlet. Guardés Balonmán 29.397, 60 € Solla y Cia Chapela Balonmán 8.912, 48 € Seis do Nadal - Coia Balonmán 8.116, 38 € Halcones de Vigo Béisbol Club Béisbol 9.786, 25 € Federación de Peñas Recreativas " El Olivo" Fútbol 15.650, 24 € Erizana Clube de Fútbol de Baiona Fútbol 15.436, 65 € Sárdoma Club de Fútbol Fútbol 14.990, 06 € Coruxo Club de Fútbol Fútbol 38.232, 42 € R. C. Celta de Vigo "B" Fútbol 38.310, 08 € Club AMFIV M.F (BLC Silla) 27.727, 72 € Traviesas Hockey Club Hóckey patíns 18.679, 32 € S. D. Tirán Remo 23.106, 44 € Vigo Rugby Club Rugby 26.232, 61 € Helios Bembrive T. M. Tenis de Mesa 6.912, 51 € Club Vigo de Voleibol Voleibol 31.028, 64 € Xuvenil de Teis Voleibol 20.543, 37 € Na zona de Pontevedra, a Fundación destina un total de 258.539, 66 euros para 14 equipos de alta competición. Os beneficiarios son: ENTIDADE MODALIDADE IMPORTE Clube Bádminton Estradense Badminton 13.397, 85 € Conservas de Cambados Baloncesto 32.387, 84 € Marín Peixegalego Baloncesto 30.892, 73 € Agrupación Deportiva Cortegada Baloncesto 28.776, 25 € Club Baloncesto Arxil Baloncesto 25.242, 33 € Sociedad Deportiva Teucro Pontevedra Balonmán 32.504, 35 € Atlético Arousana Fútbol 14.368, 71 € C. F. Bértola Femenino Fútbol 13.533, 77 € Poio Fútbol Sala Fútbol Sala 21.242, 39 € Leis 26 Fútbol Sala Fútbol Sala 13.339, 60 € Liceo Casino Vilagarcía Tenis de Mesa 8.174, 63 € Club Cambados Tenis de Mesa Tenis de Mesa 8.795, 97 € Tenis de Mesa Monte Porreiro (masculino) Tenis de Mesa 8.912, 48 € Tenis de Mesa Monte Porreiro (feminino) Tenis de Mesa 6.970, 76 €