CONFLICTO EDUCATIVO PASTORIZA CCOO-ENSINO Coruña esixe o cese da directora do IES de Pastoriza CCOO - Ensiño Coruña manifesta a preocupante situación na que se atopa o IES de Pastoriza como consecuencia da xestión da directora do centro. Ao longo de todo o curso unha parte do claustro atopouse nunha situación de indefensión absoluta, chegando incluso á apertura dun expediente, por mor da actuación neglixente do Equipo Directivo en aspectos tales como: ? Non informar ao profesorado de reunións directas do Equipo Directivo coas familias, non seguindo o protocolo establecido, imposibilitando así aos docentes amosar a súa versión dos feitos. ? Constante indefensión do colectivo docente diante das familias e do alumnado ao ser descoñecedor dos acordos e decisións tomadas por parte do Equipo Directivo nas reunións antes citadas. ? A non mediación da dirección do centro ante as ameazas e denuncias aos docentes, invitando ós pais e nais a dirixirse á inspección sen tentar obter información de todas as partes afectadas. ? Non cumprir os acordos alcanzados nos órganos Colexiados (Claustro de profesores e Consello Escolar) e pedagóxicos. CCOO-Ensino Coruña denunciou estas e outras irregularidades diante de Inspección Educativa e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación de A Coruña, sen obter ningún tipo de resposta encamiñada a solucionar a problemática do centro. Pola súa parte, un número importante de profesores do IES de Pastoriza asinaron un escrito dirixido a Inspección Educativa no que poñían de manifesto o malestar e a indefensión que estaban a sufrir por mor da actuación irregular e arbitraria do equipo directivo do centro, e principalmente da directora. Por todo o exposto, CCOO-Ensino Coruña, esixe que ante a situación insostible que se está vivindo no IES de Pastoriza a Xefatura Territorial de da Consellería de Educación de A Coruña proceda ao cese inmediato da directora do centro.Archivado en: Educación, Galicia, General, Sociedad Tagged: asturgalicia, ccoo, CCOO exige el cese de la dirección del IES de Pastoriza, cese, director, educación, galicia, ies [...]
Click to view slideshow. El nuevo HUCA potencia su área ambulatoria para ofrecer una atención más rápida, eficiente, cómoda y segura para un millón de pacientes El Presidente del Principado, Vicente Álvarez Areces, presenta las claves del nuevo modelo de atención basado en las consultas de alta . 01/03/2011
GALICIA Las previsiones de MeteoGalicia anuncian para el miércoles 2 de marzo nieve por encima de los 600 metros por la mañana, ascendiendo la cota hasta los 700 metros por la tarde, en la montaña lucense. Seguirán los vientos del nordeste 02/03/2011