Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Asturgalicia escriba una noticia?

El puerto de Cariño, pionero en colocar boyas para obtener energía de la fuerza de las olas

13/02/2011 00:10 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

El puerto coruñés de Cariño albergará la construcción y distribución de boyas generadoras de energía a partir de la fuerza de las olas (energía undimotriz). Portos de Galicia acaba de darle a la empresa Galicia Mar Renovables la concesión para la instalación de una nave que permita el desarrollo de esta actividad.

Portos de Galicia vén de dar á empresa Galicia Mar Renovables a concesión para a instalación dunha nave que permita o desenvolvemento desta actividade

O PORTO DE CARIÑO ALBERGARÁ A CONSTRUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE BOIAS XERADORAS DE ENERXÍA A PARTIR DAS ONDAS MARIÑAS

  • O proxecto enmárcase na liña estratéxica de defensa da sostibilidade e as enerxías renovables que defende o ente público

Santiago, 9 de febreiro de 2011.- O Porto de Cariño albergará proximamente un proxecto de construción e distribución directa de boias xeradoras de enerxía undimotriz, producida co aproveitamento das ondas mariñas. Para elo, Portos de Galicia, vén de outorgar unha concesión á empresa Galicia Mar Renovables para a construción dunha planta de ensamblaxe de sistemas de xeración deste tipo de enerxía renovable.

A concesión recolle a ocupación dunha superficie total de 5.546 metros cadrados e outórgase logo dos informes técnicos favorables por parte da administración portuaria. Así mesmo realizouse avaliación dos estudos xeotécnicos e de axitación por onda corta e larga, que conclúen que esta instalación non provocará efectos apreciables a nivel das dinámicas mariñas, na zona de influencia do porto de Cariño.

Este proxecto permitirá a creación de enerxía 'verde' nas instalacións portuarias de Cariño, ademais da súa distribución directa dende o mesmo porto. De feito, a concesión para a construción da nave de fabricación das boias recolle tamén a cláusula de distribución por vía marítima dende este punto cara ás zonas receptoras potenciais, en España e Europa.

A enerxía da sondas, ou enerxía undimotriz, é unha proposta novidosa que está a ser acollida como unha das máis prometedoras fontes de enexía renovable para os países marítimos, dado que non causa danos ambientais e é inagotable. O recurso potencial é vasto. En xeral estímase nuns 2.000 gigavatios, se be na Unisco teno declarado como de aproximadamente o dobre desa cantidade. Actualmente en España estanse a desenvolver proxectos pilotos similares ao que dará comezo en Cariño en zonas de Cantabria e País Vasco.

O proxecto de produción e distribución de boias xeradoras de enerxía undimotriz enmárcase na liña estratéxica que mantén Portos de Galicia en defensa da sostibilidade ambiental. Esta iniciativa supón un novo exemplo do esforzo por compatibilizar a produtividade das instalacións portuarias co respecto e defensa do entorno, optimizando as posibilidades das propostas máis avanzadas en materia de investigación tecnolóxica.


Sobre esta noticia

Autor:
Asturgalicia (453 noticias)
Fuente:
asturgalicia.wordpress.com
Visitas:
2598
Licencia:
Distribución gratuita
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.