Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Artacano escriba una noticia?

Santiago de Compostela (A Coruña) - Concurso de pintura "CreArte" 2014-15

11/02/2015 08:00 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

image CONCURSO DE PINTURA "CreArte"

da FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS - Universidade de Santiago de Compostela

A Facultade de CC Económicas e Empresariais apostou dende sempre polo fomento da arte galega, prestándose como depósito e adquirindo durante moitos anos obras de arte das que na actualidade podemos deleitarmos todos os membros da comunidade universitaria. A larga tradición do noso centro, pioneiro no apoio á creación artística e o colecionismo, levou a creación no ano 2011 do concurso de pintura "CreArte na Universidade", un premio dirixido a todos os membros da comunidade universitaria.

Continuando con ese espírito, fundamental para o crecemento persoal no seu más amplo senso, dende a Facultade convócase a 4ª edición do concurso, aberta agora ao resto da sociedade. O concurso CreArte rexirase polas seguintes:

BASES 2014-15

REQUERIMENTOS

? Poderán participar todos os membros da Comunidade Universitaria (estudantes, profesorado e PAS) e membros da sociedade, presentando en formato PDF un documento coa información seguinte:

Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, dispoñible na páxina web da Facultade de CC Económicas e Empresariais:

http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/modules/events/event_0063.html

  1. No boletín se fará constar: nome e apelidos do artista ou da artista, copia do DNI, estamento da comunidade universitaria ao que pertence, e Facultade, Centro ou servizo no que estuda ou exerce a súa labor, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto.
  2. Imaxe da obra coa correspondente ficha técnica.

? A obra ten que ter sido creada entre xaneiro de 2014 e febreiro de 2015.

? Só poderá presentarse unha obra por artista, obra que deberá ser inédita e non premiada noutro certame ou concurso.

? A temática e a técnica serán libres.

? A dimensión da obra non poderá ser inferior a 50x50 cm nin superior a 120x120 cm. Se a obra consta de varias partes se computa a efectos de dimensión o conxunto das partes.

? Lugar de presentación: enviar o documento PDF á dirección: zecodeca@usc.es, antes das 14:00 h. do día 13 de marzo de 2015.

? Se a obra resulta seleccionada polo xurado, se lle comunicará ao autor ou autora, quen debe enviar ou entregar persoalmente debidamente protexida a súa obra, antes das 14 horas do día 27 de marzo de 2015, á dirección postal da Facultade de CC Económicas e Empresariais indicando no remite :

Más sobre

Concurso de pintura "Crearte na Universidade". Decanato da Facultade de CC Económicas e Empresariais Avda. Xoan XXIII s/n

15782 Santiago de Compostela

? As obras poden presentarse enmarcadas en un listón cun ancho máximo de 3 cm ou sen enmarcar.

? Non se admiten obras protexidas con cristal.

? A presentación das obras implica a cesión gratuíta a favor da organización dos seus dereitos de reprodución.

? As obras non premiadas serán recollidas polos artistas na dirección arriba indicada no mes seguinte á finalización da exposición temporal. Se algunha obra non fose recollida dentro do prazo establecido a tal fin, se entende que o autor o autora renuncia a súa recollida e pasarían a formar parte do patrimonio da Facultade de CC Económicas e Empresariais.

? Os datos dos artistas só serán utilizados para o normal desenvolvemento do concurso.

? A organización velará pola integridade das obras no tempo que estean no seu poder, pero se por algunha causa fortuíta se producise algún deterioro, a Facultade de CC Económicas e Empresariais non se fará responsable dos danos producidos.

XURADO

? O xurado, presidido pola Decana, estará composto por membros da comunidade universitaria e da comunidade artística do noso contorno.

PREMIOS

? As obras seleccionadas conformarán unha exposición temporal na Facultade de CC Económicas e Empresariais, que será inaugurada o dia que o centro celebre a festividade do Patrón da Facultade (a festividade é o 5 de abril pero celebrarase nunha data próxima), e que permanecerá aberta ao longo dun mes.

? De entre as obras seleccionadas o xurado poderá outorgar un premio, dun importe de 600€, a unha das obras, a cal pasará a formar parte do patrimonio da Facultade, sendo exposta durante un ano no "Espazo de Arte" reservado para tal fin na Facultade de CC Económicas e Empresariais. O acto de entrega do premio farase coincidir coa celebración do Patrón da facultade e inauguración da exposición.

ACEPTACIÓN DAS BASES

? A Facultade de CC Económicas e Empresariais resérvase o dereito de facer modificacións e tomar iniciativas non recollidas expresamente nestas bases, sempre que contribúan á mellora do concurso, e non alteren a esencia do mesmo.

? A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

El material para tus cuadros (lienzos, pinturas, aditivos, ...) en www.tiendadelartista.com

-El Arte de Divertirse-


Sobre esta noticia

Autor:
Artacano (2425 noticias)
Fuente:
elartededivertirse.com
Visitas:
986
Tipo:
Reportaje
Licencia:
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.