Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que O Segredo De Keops escriba una noticia?

O tabaco, a liberdade e o pensamento uniformado

16/01/2011 06:30 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

Queridos lectores: Inauguro este blogue permitíndome 3 licencias; mellor dito, tomareime 3 liberdades; ó fío dos sucesivos comentarios e argumentos que escoitei de moitas persoas que autoproclaman o seu pensamento liberal e comunican que non teñen entre as súas costumes a de fumar

Como nada ten que ver o touciño coa velocidade e como non pretendo encasillar a ninguén - cousa que con moita frecuencia sucede entre periodistas, sociólogos, meritorios de fundacións e outras herbas - aí vai a primeira das miñas liberdades, que case é un panfleto contra o todo, porque se non o digo rebento!

Contra os que profiren as súas cada vez máis airadas queixas acerca do perigo que supón para a súa saúde o fume que exhalan os fumadores. Contra esos mesmos que, agora avalados e manipulados pola implacable maquinaria mediática e propagandística do poder, entréganse a repetir a consigna de moda: "O TABACO MATA". "O TEU TABACO MÁTAME". Acaso non saben aínda que O QUE REALMENTE MATA É VIVIR?

Contra eses que opinan que os outros son todos aqueles que non son coma eles mesmos se supón que terían que ser, ou que non fan o que eles fan. Contra eses autodenominados "viaxados turistas" que reforzan os seus non-argumentos co máis gregario de todos os argumentos, ese de: "nos meus viaxes polo mundo mundial - léase o primeiro mundo - observei que nos países civilizados teñen estas costumes, faise isto e opínase o outro, polo tanto as cousas téñense que ordear así, prohibir asá e repetir igual que acolá". Son papanatas cosmopolitas con fronteiras na cabeza e a mesma imaxinación que a da súa anterior xeración. Herdeiros directos de "galaicos" ou "hispanistanís" (como prefirades) autárquicos que paradóxicamente levaban un discurso antitético: "Todo o malo vén de fóra". "Isto que non é coma min, ou sexa coma nós (os ghalleghos ou ejpañoles), é extranxeiro". E é que a eses señores que din: "Como se está poñendo o país de extranxeiros!" Habería que contestarlles: "Qué noxo! Cómo se está poñendo o mundo! Está cheo de extranxeiros!". Os dous paus dun pensamento único e débil - con moita bravuconada e aspavento pero blandiño - de galegos e españoles polo mundo, pero galegos e españoles, dispostos a enrolarse contra o diferente, o distinto.

Contra todos esos que pensan que a liberdade é que todos sexan iguais a eles e que polo tanto esos non son os outros. Contra todos esos que cada vez son máis. Contra o fermoso, orixinal, rotundo e definitivo argumento que lanzan agresivamente cheos de tolerancia ante calquera queixa dos fumadores acerca do atropelo á liberdade que supón a nova lei do tabaco; contra esa sentencia que cuspen en defensa dunha prohibición; esa de que "a liberdade dos demáis termina onde empeza a miña", eu opoño ésta: "La liberté d´autrui étend la mienne à l´infini". Traducido é "A liberdade dos demáis extende a miña ó infinito".

Esta cita podería ser de Heráclito de Éfeso. De Parménides de Eleas seguro que non. ¿Qué pretendo dicir con isto? Pois que o debate ven de lexos e que aquí queda retratado cada quisque. O pensamento autoritario e os seus ferventes seguidores e admiradores machácannos dende o principio da historia. Din que falan no nome da liberdade pero falan de prohibir. As súas leis non se asentan nas costumes dos humanos, as súas leis dedícanse a negar a liberdade, polo tanto hai que renegar das súas leis.

Haberá perspicaces, cosmopolitas e viaxados lectores do que agora escribo, versados sen dúbida no idioma anglosaxón, que detectarían que a frase anterior está escrita en francés. Así que iso non o dixo Adam Smith, nen Ayn Rand, nen Milton Friedman, nen Breszinski, nen Wolfowitz. Tampouco Tocqueville. Liuse fai moitos anos nos muros de París. Atribúese a un "tal" Bakunin pero tamén podía telo dito Rousseau ou podía ser de Creative Commons. Así que volo brindo como antídoto á pestilente e rancia destilación do pensamento uniforme, ó "A túa liberdade acaba onde empeza a miña"

Buff! Permitídeme outra liberdade queridos lectores. Farei unha pausa neste intre, porque estou despachándome tan a gusto que acompañarei o pracer cunhas deliciosas caladas. E antes de que me manden a fogueira todos esos herdeiros da Santa Inquisición - gran contribución ejpañola ao pensamento cristiá occidental - só recordarvos que Rodrigo de Jeréz, compañeiro de Colón e suposto introductor do tabaco en Ejpaña, foi encarcelado pola Inquisición acusado de bruxería, xa que "só o demo podía dar a un home o poder de sacar fume pola boca". Para máis inri, tabaco ven do árabe "tabbaq", nome que se aplicaba en Europa dende polo menos o século XV a diversas plantas menciñais.

Así que como diría o bo de Heráclito, "todo cambia; nada permanece"

E así foi desta. Continuarei en seguintes entregas con outros temas con espiñas, deses dos que tanto se fala nos medios de desinformación; así como tamén con outras historias, das que non se fala pero que tamén merecen ser coñecidas.

Sen máis, e como diría Pemán, "boas noites, e ata mañán"


Sobre esta noticia

Autor:
O Segredo De Keops (1 noticias)
Visitas:
2041
Tipo:
Opinión
Licencia:
Creative Commons License
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Etiquetas
Organizaciones
Lugares

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.