Globedia.com

×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Laregion.es escriba una noticia?

O transporte metropolitano centra a política no Concello de Ourense

01/06/2017 14:09 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

"Este acordo implicaba ter unha tarxeta común de maneira que o usuario pagaría un máximo polo servicio que utilizaríaa dentro do que é o área metropolitana. Ese era o primeiro paso que se ía dar e está pendente de que se poida poñer en marcha o servizo de concesións dentro do que é a provincia e por outro lado a solución desas canceladoras. No momento en que estén esos puntos e se poidan cumprir. Hai que agradecer o esforzo da conselleira, Ethel Vázquez, que trata de dar un servizo axeitado en cada área". Así abriu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a rolda de prensa trala xunta de goberno desta mañá.

A situción do transporte metropolitano foi un dos 25 puntos tratados na reunión. O rexidor ourensán explicou que hai que resolver o tema das canceladoras e a concesión do transporte urbano na cidade en precario dende fai tempo.

Outros acordos

O goberno local ampliou o contrato da Casa de Acollida de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero coa Fundación Amaranta - Adoratrices de Ourense. O contrato iniciouse o mesmo o 1 de xuño de 2016, cunha vixencia dun ano de duración e susceptible dunha prórroga de un ano máis, como así se estableceu na xunta de goberno.

“Expirado o contrato a día de hoxe”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “e tendo en conta a valoración satisfactoria dos resultados acadados no seu desenvolvemento, así como o interese da Fundación Amaranta en prorrogar o mesmo e a conformidade do Concello coa continuación do servizo, procédese a prorrogar por un ano máis o contrato do servizo de Casa de Acollida de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero".

Tamén se aprobou unha apertura nun local destinado a salón de xogos (na rúa Domingo Fontán), outra para o proxecto básico e de execución da reforma dun local no Liceo de Ourense (para darlle uso de restaurante bar na parte do Liceo dá a Bispo Cesáreo), cun orzamento que supera os 100.800 euros; e finalmente dar conta das prescrición dunha segregación dun local na rúa Bonhome.


Sobre esta noticia

Autor:
Laregion.es (1231 noticias)
Visitas:
230
Licencia:
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Etiquetas

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.