Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Futbolbase escriba una noticia?

La Xunta amplia la alerta naranja a toda Galicia y suspende las actividades escolares al aire libre mañana MIÉRCOLES

15/09/2015 18:20 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

image

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento que afectará a partir de mañá ás catro provincias galegas. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Pontevedra ampliarase a partir das 00.00 horas ao resto do territorio galego. Os refachos máximos de vento poderán superar os 90 km/h. nas zonas noroeste, Miño e Valdeorras da provincia de Ourense; no interior da Coruña e no centro e zona sur da de Lugo. Na zona da montaña e da Mariña lucense e no interior de Pontevedra o vento poderá superar os 100 km/h. e no sur e montaña de Ourense os 110 km/h. Suspensión das actividades no exterior dos centros educativos

Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas acaba de tomar a decisión de suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos polo aviso deste temporal de vento que afectará a partir desta media noite a toda a comunidade galega. Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión acordou a suspensión das actividades, con seguimento das condicións meteorolóxicas. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares. Alerta laranxa na cosa da Coruña e Lugo

Doutra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias tamén informou dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir das 5.00 horas desta madrugada ao litoral das provincias da Coruña e Lugo. O vento será do suroeste e forza 8, ocasionalmente 9, e a mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros de altura. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), sobre as 21 horas de hoxe iniciarase en ambas zonas un fenómeno meteorolóxico adverso por mar combinada e ondas de 5 metros de altura. Esta previsto que esta situación se manteña durante toda a noite e remita en torno ás 6 horas de mañá, sábado. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. Http://www.xunta.es/ Card


Sobre esta noticia

Autor:
Futbolbase (2492 noticias)
Fuente:
barbadasbase.blogspot.com
Visitas:
1261
Tipo:
Reportaje
Licencia:
Creative Commons License
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Etiquetas

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.